venres, 14 de febreiro de 2014

CONCURSO "Co galego na túa camiseta"

Contentísimos todos polo éxito do obradoiro de deseño de lemas en galego para as nosas camisetas, tomámoslle a palabra e a idea (graciñas por ela!) a un alumno de 2ºESO B e agora convocamos un concurso á camiseta co lema máis creativo e orgulloso de lucirse en galego na camiseta do seu dono ou da súa dona.

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega fixo unha preselección e os lemas candidatos ao premio son estes cinco:
  • Son un bo peixe, de Nicolás Rodríguez Faro (2º Primaria)
  • O sacho non traballa só, de Anxo Alonxo Freitas (2º ESO B)
  • Costureira sen dedal, cose pouco e cose mal, de Tania Durán Durán (4º ESO)
  • Pita nas curvas, de Pablo Cendón (conserxe) e o seu fillo
  • O galego nas miñas mans, de Cristina Da Silva Besada (6ºA) e Paula Tellado (4ºB Primaria)
Mirade o vídeo con todas elas. Tendes a aplicación para votar na marxe do blog. Poderedes emitir os vosos votos ata o  5 de marzo. O dono ou a dona da camiseta co lema gañador recibirá un agasallo sorpresa.


Ningún comentario:

Publicar un comentario